Ao longo da historia o ser humano amosou interese por coñecer de onde ven, comprender a orixe da vida e o universo que o rodea.
Hoxe imos aprender algo máis sobre o Universo e os misterios que aínda alberga.
Benvidos e benvidas a esta nova aventura na procura do coñecemento!
Todo o que existe físicamente, a totalidade do espacio e do tempo, todas as formas da materia e enerxía e as súas leis forman parte do Universo.
Sabemos que é moi grande e que se expande, pero non é infinito.
Só o 5% do Cosmos está formado por materia visible, o resto son materia e enerxía escura; aínda non sabemos o que son, pero sabemos que están aí polo efecto que fan nas estrelas.
No futuro, os astrónomos - pode ser que sexas TI – porán luz no universo e aclararán os enigmas desas enerxía e materia escura.
O noso mundo, a Terra, é minúsculo comparado co Universo. Formamos parte do Sistema Solar, perdido nun brazo dunha galaxia que ten 100.000 millóns de estrelas, pero só é unha entre os centenares de miles de millóns de galaxias que forman o Universo.
Os astrónomos do pasado conseguiron desentrañar as características básicas do universo e do sistema solar e situaron ao planeta Terra como un máis entre os millóns e millóns de galaxias existentes. [ver vídeo]
A observación do alonxamento a grande velocidade de outras galaxias respecto á nosa e en todas direccións, como se foran repelidas por unha antiga forza explosiva, deu orixe á teoría do Big Bang. Os seus defensores afirman que hai uns 13.700 millóns de anos a materia tiña unha densidade e unha temperatura infinitas e nese intre houbo unha explosión violenta e, con ela, xurdiu toda a enerxía e materia coñecida do universo (incluso o espacio e o tempo).
O Big Bang deixa moitas preguntas importantes sen resposta; por exemplo, podemos saber que pasou desde o primeiro instante, pero o momento e tamaño inicial aínda non teñen explicación científica.
A astronomía é a ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes do Universo.
Aquí tes algúns Inventos e fitos da exploración espacial
É posible que a Astronomía sexa unha das ciencias más antigas, pero o que si é seguro é que a humanidade, dende as súas orixes, mirou ao ceo. A súa relación co cosmos fíxose algo cotián, alí miraban para recoller a colleita e alí aloxaron aos seus deuses, dadores da vida, pero tamén, ás veces, moi crueis.
Coa observación do Cosmos naceu o oficio de astrónomo, o relato das observacións e descubrementos de Aristarco de Samos, Hipatía de Alexandría, Nicolás Copérnico, Galileo Galilei, Isaac Newton, Jocelyn Bell ou Stephen Hawking, entre outros grandes astrónomos e astrónomas, forman parte dalgún dos momentos máis relevantes da historia da humanidade.
.