Astronomia
Ciencia que se ocupa do estudo dos corpos celestes, os seus movementos, os fenómenos ligados a eles e a investigación da súa orixe a partir da información que chega deles.
Universo
Conxunto da materia que existe no espazo e no tempo, particularmente referida aos corpos celestes e, en definitiva, conxunto de todo o que existe.
Galaxia
Agrupación de estrelas, corpos celestes e materia cósmica que está concentrada nunha determinada rexión do espazo por efecto da atracción gravitatoria.
Planeta
Corpo celeste que non ten luz propia e vira ao rededor dunha estrela.
Satélite
Corpo celeste que xira ao redor dun planeta.
Cúmulo
Grupo de estrelas atraídas entre si pola súa mútua gravidade.
Asteroide
Astro rochoso, máis pequeno que un planeta que orbita ao redor do sol.
Burato Negro
É unha rexión do espazo cunha grande masa no seu interior, a súa forza de atracción é tal que ningunha partícula nin a enerxía, por exemplo a luz, pode escapar.
Cinto de Kuiper
Zona do sistema solar externa ás órbitas de Neptuno e Plutón que contén uns mil millóns de obxectos pequenos, tales como asteroides e cometas.
Constelacións
Unha constelación é unha agrupación de estrelas que presentan unha posición no ceo nocturno aparentemente invariable.
Órbita
Percorrido ou traxectoria dun corpo a través do espazo baixo a influencia de forzas de atracción ou repulsión doutro astro.
Cartografía
A cartografía é a ciencia que se encarga de estudiar e trazar os mapas xeográficos.